O concello asina un convenio con Abanca para facilitar hipotecas e créditos para rehabilitación no Casco

O alcalde de Betanzos, Ramón García

O alcalde de Betanzos, Ramón García, e o director de zona de Abanca, José Ulfe, asinaron onte un convenio que suporá que a entidade financeira ofrecerá produtos adaptados ás persoas interesadas na adquisición ou rehabilitación de vivendas no casco histórico.

A iniciativa, denominada Rehabilita Betanzos, inclúe varias modalidades de hipotecas, préstamos persoais para reformas e anticipos de subvencións segundo informou onte o Concello de Betanzos.

O Goberno local explicou onte que o convenio establece préstamos fixos ou variables a baixo tipo de interese e con prazos de amortización de ata 30 anos. O acordo permitirá tamén a propietarios optar a préstamos de ata 60.000 euros para o financiamento de obras de reforma, melloras en fachadas, cubertas e estruturas ou sustitución de servizos de calefacción, electricidade ou fontanería.

Abanca facilitará tamén anticipos de subvencións públicas concedidas a propietarios ou rehabilitadores particulares de vivendas a través de préstamos sen intereses. O alcalde destacou que este acordo únese a outras actuacións que se están desenvolvendo no casco histórico, como axudas para as vivendas situadas no Camiño Inglés ou o programa de adquisición de vivendas da Xunta de Galicia