O Concello anuncia que definirá as bases do PXOM a través dunha enquisa entre os veciños

Hai unhas semanas comezouse a redacción do terceiro PXOM de Betanzos, aínda que os 2 anteriores nunca foron aprobados e polo tanto Betanzos carece de Plan Xeral.  O método cambiou neste terceiro intento aínda que a empresa redactora é a mesma, e desta vez intenta comezar cunha enquisa veciñal. A intención de goberno local con esta enquisa afirman que é “buscar ou maior consenso e participación” e, con esta premisa, convocará distintas reunións cos partidos políticos da corporación e co equipo redactor para analizar de xeito pormenorizado diversos aspectos sobre o plan, “para que cada grupo poida facer as súas propostas e sexan tratadas técnicamente polo equipo redactor”, explicaron desde o Liceo. Pero ademais prepara tamén unha consulta pública sobre o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) que se realizará a través da súa páxina web.

Os encontros cos distintos portavoces políticos serán “xuntanzas temáticas centradas en aspectos fundamentais de ordenación urbanística” e celebraranse con carácter mensual, segundo a previsión do goberno local. Entre estes aspectos están o casco histórico, o plano baixo da cidade, a análise do planeamento anterior, mobilidade e estacionamientos; sistemas dotacionais de espazos públicos e solo rústico, e os diferentes núcleos rurais de Betanzos.

A enquisa incluirá, en concreto, a análise dos servizos urbanos, como o abastecemento, saneamiento, electricidade, telefonía ou gas; áreas de estancias, desde sanitarias, educativas, deportivas, culturais e verdes, ata infantís, comerciais ou de servizo públicos; accesibilidade, tanto peonil como tráfico rodado; transporte público; valores do contorna, e principais impactos, tanto ruídos como de accesos…

Neste sentido, os veciños poderán explicar calquera anomalía ou incidencias detectadas, e cualificar cada apartado en varios niveis de satisfacción: alto, medio ou baixo; e o seu funcionamento, en cada caso, que pode ser bo, regular ou malo, adiantou o Concello de Betanzos