O concello anuncia que construirá a cuberta para o patio do CEIP Vales Villamarín

Obras no Vales Villamarín

O Concello de Betanzos construirá a cuberta para o patio da escola infantil do colexio Vales Villamarín. O alcalde, Ramón García, presentou onte o anteproyecto encargado polo Concello ao conselleiro de Educación, Román Rodríguez, durante unha visita ao colexio.

A cuberta custará uns 160.000 euros e a súa construción supón dar resposta á petición máis demandada na votación dos orzamentos participativos, con 254 dos 374 votos que se emitiron en total. O proxecto incluirá tamén a instalación de xogos infantís, detallou onte o Concello en nota de prensa e aclarou que asumirá o custo de cubrir o patio do aulario no marco da “colaboración institucional” que, asegura, mantén coa Xunta.

Neste sentido, o alcalde agradeceu as melloras como obras de adecuación de fiestras, fachada e iluminación das aulas e outras instalacións que ha acometido a Xunta no centro. En concreto a Xunta investiu preto de 430 mil euros, cofinanciados polos fondos europeos Feder, para mellorar a eficiencia enerxética.

García mostrou a súa confianza en que “poida acometer novos traballos na zona que non se incluíu na primeira fase e que o centro, un dos que contan con máis alumnos da provincia, construído nos anos 70, se adecúe na súa totalidade ás necesidades actuais do ensino”.