O concello afirma que terá rematado o PXOM para o 2022 despois de adxudicalo por terceira vez á mesma empresa

O alcalde de Betanzos, Ramón García

O Concello de Betanzos prevé dispoñer de Plan Xeral de Ordenación Municipal para o 2022. A Xunta de Goberno aprobou a adxudicación da redacción do documento a Oficina de Planeamento, a mesma empresa á que o Concello rescindiu en dúas ocasións o contrato para elaborar a normativa urbanística.

O Concello sostén que a adjudicación ratifica o acordo da mesa de contratación e que a empresa obtivo a mellor puntuación no concurso convocado ao efecto, a raíz dos informes emitidos polos servizos técnicos. O contrato para iniciar os traballos asinarase próximamente.

O Concello precisa que “á hora de valorar as propostas, tívose en conta, de forma especial, a oferta económica e a composición do equipo redactor, tanto a experiencia a nivel persoal como en equipo”. O orzamento de licitación para a elaboración dos traballos era de 144.000 euros IVA incluído e o contrato adxudicouse por 115.114 euros, sinala o Concello.