O Concello afirma que liquidou as contas de 2017 cun superávit de 1,3 millóns

O edil de facenda, Diego Fernández, nun pleno

O Concello informou dos resultados da liquidación das contas do pasado ano 2017. O Executivo municipal afirma que pechou o exercicio de 2017 cun superávit de 1,3 millóns e un remanente líquido de tesorería para gastos xerais de 1.671.359 euros. O superávit supón que os ingresos da entidade local superaron aos gastos en máis de 1 millón de euros.

O Goberno local celebrou as cifras e afirmou que supoñen un incremento dun millón con respecto aos datos de 2016. “O nivel de endebedamento situouse nun 4.94%, moi por baixo do nivel permitido pola lei, que é do 75%”, destacou.

O Executivo avanza que dedicará o superávit a melloras no Pasatempo, parques, rúas e equipamientos.