Un cóctel de triunfitos abrirá as festas o día 14

Unha orquestra no Campo

A outra gran actuación estelar programada polo goberno local para o San Roque 18, anunciada como un concerto para a mocidade, será unha actuación de varios concursantes do talent show Operación Triunfo. A actuación forma parte dos 40 summer live, a xira de verán da radiofórmula 40 Principales.

Por Betanzos pasarán Ana Guerra e Aitana, Dani Fernández, Ana Mena e Reyko nun concerto que comezará ás nove e media e que será presentado por un DJ da propia emisora. Canda eles, Café Quijano, o 24, compoñen un cartel musical que pechan as orquestras Los Satélites, o día 15, Dilema o 16, canda o globo, La Favorita o 18, para o retorno dos Caneiros, Panorama o 21 e Ibiza para pechar as festas o 25.

O executivo local segue a liña do programa musical que trazara xa o PP, de apostar por música pop comercial, con pegada nas grandes radiofórmulas ou talent shows televisivos, tanto nos concertos como no contido da oferta musical das orquestras, ladeando outras músicas e estilos.