A CIG denuncia unha nova discriminación salarial do persoal laboral do Concello

O edil de persoal, Diego Fernández, nun pleno

A CIG denunciou que “o persoal laboral leva perdido un 2% con respecto ao funcionariado” con respecto á paga de horas extraordinarias do Concello “pola interpretación que o Concello fixo do Colectivo”. “Tendo en conta esta decisión, e o conflito laboral derivado do non recoñecemento dos postos do persoal laboral temporal na RPT, e consecuente non recoñecemento da dispoñibilidade para a programación dalgún persoal municipal, o persoal excluído do cobro deste complemento, tendo en conta que non ten obrigatoriedade da realización das horas extras posto que as de programación non son por causa de forza maior, terá que valorar se continúa facer un traballo non recoñecido no posto nin considerado relevante para o Concello” denuncian.

Por este motivo, o pasado luns 9 de abril tivo lugar, logo de múltiples peticións e escritos por parte do Comité de Empresa, a Comisión Paritaria do Convenio Colectivo. N”esta reunión acordáronse unha serie de modificacións do Convenio colectivo que irán, segundo indicou o concelleiro, ao pleno de maio de 2018. Unha vez que se aproben e se publiquen no Boletín Oficial da Provincia entrarían en vigor” detallan.