A CIG afirma que o concello lle da a razón ao contratar persoal para as festas

O concelleiro de persoal Diego Fernández e o alcalde Ramón García

“Logo de moitos anos acudindo á Inspección de Traballo pola contratación de persoal a través de empresas para o apoio a eventos e que traballaban nas oficinas municipais da Casa do Concello, o Concello recúa e publica unha convocatoria para varios contratos con esta finalidade e con tarefas similares ás que anos anteriores realizaban traballadores sen contrato do Concello mais que tiñan despacho nas oficinas municipais”, afirman desde a CIG.

“Agora só queda que o goberno municipal sexa coherente coa política de contratación e non deixe morrer os servizos básicos como limpeza, xardinaría ou obras para logo privatizalos e que contrate empregados públicos tanto para as festas como para os servizos básicos, porque o público é servizo e o privado é beneficio” engaden desde a central sindical.

A CIG fixo esta análise, que coincide na denuncia da privatización de servizos básicos e na denuncia da falta de coherencia do goberno no relativo a contratación coa feita polo BNG, a través do seu blog.