Un ciclo encherá de jazz a praza a vindeira fin de semana

Vista parcial da praza da Constitución

A oitava edición do ciclo de música de jazz Betanjazz encherá a praza da Constitución dos acordes deste xénero durante as noites da vindeira fin de semana.

DIEGO NEGRO & THE BAREFOOTZEN WONDERERS actuarán o vindeiro venres 13, Azougue o 14 e Black clausurará o ciclo o domingo 15. As citas, todas na praza da Constitución ás nove e media da noite, na aula de cultura do Liceo en caso de chover. Entrada libre.