Cen mozos europeos paran en Betanzos cun programa de intercambio da Xunta

A directora xeral e o edil de mocidade nun evento. Na foto colouse, sen responsabilidade, o voceiro do PP (segundo pola dereita)

Betanzos acolleu o pasado sábado un encontro de 100 mozos de distintos países europeos que participan en programas impulsados pola Xunta para que poidan coñecer a zona e actuar de embaixadores de Galicia no futuro. A directora xeral de Xuventude e Voluntariado, Cecilia Vázquez, participou neste evento, no que a delegación máis numerosa estaba composta por 35 estudantes do instituto de formación profesional de Venecia (Italia), así como do Centro Carmen de Tbilisi, en Georgia, que participan desde o 25 de abril nun intercambio bilateral coa Xunta a través do programa A Xuventude no Mundo.

Durante a súa estancia, ademais de percorrer Betanzos, os mozos coñeceron aspectos da cultura galega como o Camiño de Santiago e puideron establecer contactos con institucións e responsables políticos. A cita reuniu, ademais, a outras dúas delegacións, unha integrada por 30 representantes dun intercambio xuvenil sobre medioambiente organizado polo Concello de Padrón a través do ‘Erasmus Plus: Mocidade en Acción’, programa de movilidad no que tamén se integran os 24 responsables de mocidade que chegaron da man da Asociación Xuvenil Joy para estudar novas metodoloxías de participación.

En total, un centenar de representantes de dez países procedentes de Berlín (Alemania), Venecia, Trento e Sicilia (Italia), Holloko (Hungría), Tesalonica (Grecia), Londres (Reino Unido), Pavlikeni (Bulgaria), Kalonda (Eslovaquia) e Tbilisi (Georgia).

O voceiro do PP cólase na foto unha vez máis

Como ven sendo habitual, o voceiro do PP colouse como unha autoridade máis no acto, canda a responsable do goberno galego e o edil de mocidade betanceiro. Cada vez que a Direción Xeral de Xuventude programa un acto en Betanzos a axenda do edil e senador Rodríguez Prieto atopa oco para aparecer nas instantáneas, pero non ten tantas facilidades para permitirlle acudir ás sesións plenarias, onde si ten unha responsabilidade.