Café Quijano será a estrela do San Roque 2018

O goberno local segue encomendando o cartel das festas patronais de San Roque ao pop comercial doutras décadas. Este ano a actuación estelar será o conxunto leonés Café Quijano, que pegou con forza nas radiofórmulas dacabalo dos últimos 90 e os primeiros 2000.

O goberno local anuncia outro concerto potente “para a mocidade” na noite do 14, na estrea dos festexos. Súmanse ás orquestras Los Satélites, o día 15, Dilema o 16, canda o globo, La Favorita o 18, para o retorno dos Caneiros, Panorama o 21 e Ibiza para pechar as festas o 25 para facer a oferta musical das festas patronais.