O BNG informará mañá aos veciños da Condesa sobre a nova gasolineira

Imaxe da obra da gasolineira na avenida Fraga Iribarne

O BNG informou a través das súas redes sociais de que celebrará mañá a partir das 21 h. na praza Enrique Riego no barrio da Condesa unha asemblea informativa para informar aos veciños da Condesa sobre a instalación da nova gasolineira na avenida Fraga Iribarne.

O grupo nacionalista que trasladou este tema ao Pleno da corporación para intentar paralizar a construción desta estación de servizo solicitou tamén ao goberno local que informara á veciñanza aínda que todos os demais grupos da corporación non apoiaron esta proposta.

O BNG foi o primeiro grupo en facerse eco da preocupación veciñal e botou en cara ao goberno socialista que ocultara a tramitación desta licenza. “En todas partes a tendencia e a sacar estas instalacións da beira das casas e instalalas nas aforas, menos en Betanzos, que como noutras cousas parece que imos cara atrás”, afirmou Henrique del Río, portavoz do BNG. Pola súa parte o grupo socialista afirma que é unha actividade reglada e que tiñan obriga de dar esta licenza.