BN súmase á moción do BNG contra a gasolineira na Condesa pedindo unha ordenanza reguladora

Imaxe da obra da gasolineira na avenida Fraga Iribarne

Saíndo ao paso da denuncia do BNG, que foi quen informou das intencións do goberno local de autorizar a construción dunha gasolineira na avenida Fraga Iribarne, BN anunciou que presentará unha proposta de engadido á moción rexistrada polos nacionalistas. A formación explica que pedirá sumar, ás demandas do BNG, un novo punto pedindo unha ordenanza que regule a instalación deste tipo de estacións de servizo.

Polo momento a formación non se posiciona publicamente sobre o emprazamento elixido pola firma vinculada ao alcalde de Oza-Cesuras. Si cuestionaron este emprazamento o BNG, diversos veciños a título particular e integrantes da asociación de amigos do Pasatempo no seu facebook, a sumarse ás asociacións representativas das estacións de servizo, que alegaron á instalación da planta.