Betanzos estrea regulamento orgánico tras lograr o BNG suprimir a prohibición de ter copia de documentos municipais a oposición

Imaxe do Concello de Betanzos

O Boletín Oficial da Provincia publicou onte o texto íntegro do primeiro regulamento orgánico municipal de Betanzos, unha norma que, segundo todos os grupos políticos ten por misión evitar  confusións e delimitar aqueles aspectos que a lei estatal deixa ao arbitrio das corporacións locais. Betanzos nunca pasou de acordar os mínimos de funcionamento dos plenos na primeira sesión de cada lexislatura.

A norma, aprobada inicialmente en agosto de 2017, como podes oír aquí, e recorrida polo BNG- non só regulará o funcionamento de plenos, senón tamén o das comisións informativas e xuntas de goberno e o estatuto dos integrantes da Corporación e apenas introduce cambios sobre o previsto nas leis de réxime local, por ser “nun 99% un calco” delas, segundo indicou o BNG. Por contra, segundo o concelleiro de Réxime Interior, o socialista Diego Fernández, tanto o PSOE como os grupos que o apoian estiveron traballando 150 días nese “documento de 40 páxinas”. Asegurou que o secretario daba uns argumentos diferentes nun segundo informe elaborado a raíz de recorrer o BNG a ordenanza.

A norma prohibía ter copia da documentación aos concelleiros

A norma naceu con polémica xa que, do pouco que redactaron da propia letra eses grupos estaba unha prohibición de ter copia dos documentos e informes municipais para os concelleiros. “Pretendían que determinados temas non tiveran trascendencia pública” advrtiu o voceiro nacionalista no pleno- escoitao aquí, aludindo expresamente ás irregularidades da ORA, as condicións de cesión do CIEC e outros asuntos espiñentos.

O BNG denunciou que esa previsión, ademais de non ter respaldo en ningunha lei, ere “moi pouco práctica” porque supoñería saturar as dependencias municipais. “Alegrámonos de que recapaciten pero isto obríganos a estar pendentes dos tics autoritarios que se lles escapan de vez en cando” asegurou o edil nacionalista, Henrique del Río.