Betanzos acolle o próximo sábado o 1º Festival Metropolitano de Música e Artes pola Igualdade “ Elas son Artistas”

A Fonte de Diana, no Campo, nunha imaxe de arquivo

O Concello de Betanzos participa ofrecendo unha sesión vermú que correrá a cargo da actuación do grupo “Blues do País”, coa voz da cantante Bieitta James. A formación transforma temas clásicos do blues e do soul internacional en cancións con referencias galegas e con moita retranca. Simultaneamente e mentres soa a música, realizarase en vivo unha obra pictórica de aproximadamente 200x135cm, sobre unha muller galega relacionada coa arte, a cargo do colectivo XUNTAS, que pedirá a participación popular. Para os/as, máis peques La Niña del Arcoíris realizará unha pintura orientada aos nenos e nenas que queiran participar. A cita será o próximo 2 de xuño a partir das 12:30 na Praza do Campo.

O festival proponse dar voz a moitas mulleres que traballan como profesionais relacionadas coas artes. As diversas propostas culturais desenvolveranse, ademais de en Betanzos, nos concellos da Coruña, Arteixo, Cambre, Culleredo, Oleiros e Sada. Nunha clara aposta pola mobilidade, a organización porá autobuses que permitirán aos/ ás asistentes desprazarse entre os diversos concellos.

A iniciativa une propostas culturais gratuítas a cargo dos concellos e eventos de pago. Foi galardoada cun dos premios de ideas Luisa Villalta outorgado pola Deputación da Coruña e se desenvolverá do 31 de maio ao 6 de xuño.