Azougue bailará a danza de xastres na procesión do Corpus

A testeira da igrexa de Santiago, na praza

O vindeiro sábado, desde as 19:30 h, na igrexa de Santiago, dentro dos actos do Corpus Cristi, o Grupo Azougue da Escola Municipal de Folclore bailará a danza de xastres, unha das catro danzas gremiais que conserva a nosa cidade. A danza de xastres execútase por dous equipos cruzando cintas de cores sobre un mastro cunha piña da que ao remate sae unha pomba.