Atopada unha antiga canalización de auga na rúa da Cerca

O Concello de Betanzos paralizou as obras de mellora da rúa da Cerca tras atopar os obreiros, no subsuelo á altura da Porta do Cristo, unha antiga canalización de auga. Agora a Dirección Xeral de Patrimonio está analizando estes restos co obxectivo de determinar a súa antigüidade e valor.

Desde o Concello de Betanzos afirmaron que, en xeral, a mellora da rúa da Cerca é un “proxecto complexo” polo seu emprazamento e as súas características, en tanto se trata dunha calzada estreita, onde se renovarán os servizos de gas, auga, saneamiento “E iso dificultará os traballos e, nalgúns tramos, atrasaraos”, apuntaron desde o Goberno de Betanzos.

A rúa da Cerca é unha das máis importantes do casco histórico e a obra iniciada inclúe mellora da rede de saneamento e abastecemento e pavimentación con hormigón e chapacuña en calzada e beirarrúas ademais das pedras de granito.