A asociación de Amigos do Pasatempo presentou tamén alegacións á declaración BIC do Parque

A Asociación de Amigos do Pasatempo presentou tamén alegacións á resolución que incoa expediente para a declaración BIC do Pasatempo. Nas súas alegacións propoñen medidas para mellorar a conservación do parque. Retirar o tráfico, a pasarela metálica ou vexetación dañina son algunhas das demandas formuladas polo colectivo.

Amigos do Pasatempo aposta por retirar o tráfico da contorna do parque “para axudar a que o seu estado sexa o mellor posible” e retirar a pasarela metálica, demandas que van na liña das formuladas polo BNG nas súas alegacións, como informou onte este xornal.

A asociación pide tamén executar “accións de control sobre a vegetación que agrede á estrutura das covas” e que se protexa e se executen accións concretas “en todos os bens situados fora dos muros da zona conservada”, entre outras propostas.

O colectivo confía en que con estas medidas “o expediente de declaración de BIC sexa unha ferramenta que sirva para construir uns cimentos fortes sobre os que sustentar o futuro da horta de don Juan, como se coñecía popularmente ao parque enciclopédico.

O prazo para presentar alegacións rematou onte. Polo momento transcenderon as alegaciones de Amigos do Pasatempo, o BNG e o Concello. O Concello pide excluír do contorno de protección os terreos do campo de fútbol e solos destinados a equipamientos educativos e deportivos, ademais da zona que acolle as instalacións de Medio Rural. Considera que a delimitación que suscita a Xunta excede a delimitación óptima.