As mareas obrigan inundan 3 días seguidos a Ribeira

Vista parcial da Ribeira anegada

A estrada Nacional-651 sufriu na noite do venres ao sábado o seu cuarto corte de tráfico en tres días en Betanzos debido ás inundacións rexistradas na zona da Ribeira. O Concello informou ao Ministerio de Fomento das incidencias e reclama Xunta e Goberno central que impulsen as obras necesarias para evitar os reiterados anegamientos na zona.

A estrada permaneceu cortada varias horas durante a noite do venres ao sábado. O tráfico tivo que ser de novo desviado polas rúas interiores da Ribeira. Por terceiro día consecutivo a vía viuse cortada pola cantidade de auga que inundou a estrada e os baixos dos edificios colindantes, informa o Concello. Detalla que “a auga alcanzou os niveis máis elevados dos últimos anos”.

“Os problemas tamén se suceden unha vez que baixa a marea, xa que malia poñer en marcha bombas de achique, os vehículos que circulan pola vía impulsan ao pasar a auga que queda e inundan aínda máis os baixos, denuncia o Concello.

O goberno evitou asumir así responsabilidade ningunha sobre a situación do barrio que leva anos sufrindo inundacións coas mareas vivas, que afectan a vivendas e negocios. Pola súa banda o BNG publicou nas redes sociais unha mensaxe no que botaba en cara os anos de incumprimentos e promesas do goberno local.  “Despois de anos pedindo medidas para polo menos prever estas situacións e investimentos para solucionar este problema, despois de anos de promesas en notas de prensa e ocorrencias varias do goberno seguimos igual”