Andrés Hermida é o novo secretario comarcal do PSOE

Hermida e outras edilas do PSOE no adro de San Domingos

Representantes socialistas da comarca elixiron onte ao concelleiro Andrés Hermida coma novo secretario comarcal. O edil colle o relevo do seu compañeiro de goberno e escano Diego Fernández, actual secretario xeral do PSOE betanceiro. Ambos os dous figuran na dirección provincial.