Ampliado o listado de núcleos que poden pedir axudas para a rehabilitación de vivenda

Camiño inglés ao seu paso por Betanzos

A Xunta publicou en decembro de 2015 un listado de 498 parroquias de 107 concellos de Galicia nas que os seus veciños podían solicitar axudas á rehabilitación das súas vivendas por estar atravesadas por algún dos Camiños de Santiago. O pasado venres entrou en vigor a orde que actualiza este listado de parroquias.

Nos concellos rurais, a Xunta declara Área de Rehabilitación Integral toda a parroquia mentres que nas zonas urbanas dita área de rehabilitación limítase á zona por onde pasa o Camiño, só as vivendas ao borde do trazado. Na convocatoria de 2015 as axudas chegaban ata un máximo do 35% do custo, cunha cuantía máxima de 11.000 euros por cada vivenda. As axudas podíanas pedir tanto particulares como comunidades de veciños. As subvencións non amparan demoliciones ou baleirados interiores de edificaciones, só obras de accesibilidade, mantemento e mellora, adecuación á normativa de vivenda ou eficiencia enerxética, entre outras.

Abegondo é o municipio da comarca  que máis parroquias ten dentro do Área de Rehabilitación Integral, máis da metade son atravesadas polo Camiño. Ás once que xa tiñan esta declaración desde 2015 (Cos, Cullergondo, Folgoso, Leiro, Limiñón, Meangos, Montouto, Presedo, Sarandós, Vilacoba e Vizoño), a Xunta acaba de engadir a parroquia de Viós.

En Betanzos mantéñense as tres zonas que xa existían coa orde de 2015: as parroquias de Requián e Tiobre están dentro desta Área de Rehabilitación Integral e polo tanto poderán solicitas as axudas da Xunta cando se convoquen; e tamén o poderán facer as vivendas situadas ao bordo do trazado do Camiño ao seu paso polo casco urbano.