O Alfonsetti acolle este venres un certame de monólogos

Interior do Alfonsetti

O Concello de Betanzos celebrará mañá a cuarta edición do certame de monólogos cómicos. Será no Cine Alfonsetti ás 20.00 horas. O espectáculo contará coa presenza de Gemma Pardo e Javier Varela. Ademais, haberá música en directo co grupo Fillos do Estramonio e a animación de DJ Sebas.

A sala acaba de ser equipada cun equipo audiovisual financiado pola área de Cultura da Deputación tras botar, desde a súa rehabilitación en 2009, sen equipamento e cun uso máis cá discreto.