A Xunta instala máis cámaras nos xulgados de Betanzos

O Hospital de San Antonio, actual pazo de Xustiza, na praza do Campo

A Xunta realizou un investimento no pazo de xustiza betanceiro, ubicado no antigo Hospital de San Antoio, para mellorar a seguridade das súas dependencias. En concreto, instaláronse 12 novas cámaras, dous monitores, un grabador, dous discos duros, un Sistema de Alimentación Ininterrumpida (SAI) e toda a equipación necesaria para que funcione correctamente.

Esta instalación de novos sistemas de vixilancia inscríbese nun Plan de reforzo e mellora da seguridade dos edificios xudiciais de Galicia, que abordou na súa primeira fase a instalación de sistemas vixilancia nos edificios xudiciais das cidades, e naqueles partidos xudiciais que conta cun número maior de órganos.

A partir de 2019, abordaranse novos investimentos nos edificios restantes e iniciarase, de modo escalonado, a instalación de escáners e arcos detectores nos edificios que carecen deles.