A UGT súmase a CIGen contra da RPT do goberno socialista

Diego Fernández, concelleiro de Persoal, e María Barral, alcaldesa

A UGT, o outro sindicato con representación entre o persoal laboral do Concello de Betanzos, fixo onte público un comunicado explicando os motivos polos que “non apoia a UGT non apoia a relación de postos de traballo” presentada polo goberno local do PSOE. Explican que se debe fundamentalmente á “discriminación e desigualdade que supón para maior parte do persoal laboral”.

Neste sentido, remóntase á mesa de negociación celebrada o pasado 21 de decembro, na que os dous sindicatos con representación entre o personal laboral non deron o seu apoio á mesma. ” O principal motivo para UGT tal e como expresou na xuntanza é que só accederían a estar encadrados nesta RPT 9 traballadores do persoal laboral, mentres que 55 quedarían excluidos do texto final presentado” explica.

Denuncian que “ao final a RPT estaría composta por 9 traballadores de personal laboral (tan só un 16% do total), frente a 54 funcionarios que serían o 84% dos postos contemplados na RPT”.

“Dende UGT consideramos intolerable a baixada de grupos que se produce nalgúns postos, o posible problema para afrontar a convocatoria da praza, por requerir titulacións inferiores ás actuais pero específicas, que os traballadores/as non posuirían e pola baixada de niveis e discriminación nos mesmos respecto aos funcionarios, con iguais ou semellantes funcións” explican.

“A coincidencia cos argumentos expresados polo outro sindicato que rexeitou este texto, a CIG, son amplas arredor dun 90% dos argumentos esgrimidos pola central sindical podería ser asumidos por UGT” relatan.

“Na outra banda situáronse CCOO que apoiou o texto, pedindo unha promoción para os postos de auxiliar administrativo e o CSIF que manifestou estar dacordo co texto, pero pediu unha mellora económica coa suba do valor do punto” engaden. “Por parte do Concelleiro de Persoal indicouse que se ía a estudiar a proposta do CSIF e que a próxima reunión sería na Mesa Xeral de Negociación onde se chegaría ou non a un acordo definitivo sobre a nova RPT” abundan.