A Cabalgata sairá ás 17:30 h do día 5 de Bellavista

Cabalgata de Reis en Betanzos

Un ano máis, a Cabalgata de Reis partirá do centro de formación ocupacional de Bellavista para facer o seu percorrido polas rúas do centro de Betanzos. E un ano máis o percorrido trazado levaraos polas rúas Concepción Arenal, Avda de Castela, Rosalía de Castro, Avda Jesús García Naveira, Bartolomé Cossío, Avda Jesús García Naveira, Emilio Romay, Caneiros, Avda de Castela, Campo, Valdoncel, Ribeira, Cabildos, San Francisco, Trvevsa, Prateiros, Porta da Vila e Campo.

No Campo as Súas Maxestades recibirán aos nenos. En caso de chuvia será na Aula de Cultura.